|
|
|
08/03/2010
A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE GALEGA ARREDOR DE 9.000 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE VERÁN
|
|
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou en rolda de prensa a campaña "Acción de Verán", que conta cun investimento de 3,5 millóns de euros e que creará 1.100 postos de traballoA iniciativa oferta distintas alternativas de lecer e tempo libre para persoas desde os 9 ata os 35 anos. O prazo de inscrición ábrese o martes. Dalle o simbolo + para acceder a convocatoria e folla de inscricción.
|
|
|
|
01/03/2010
Aberto o prazo de inscripción para asistir á Xuventude Galicia Net, que se celebrará durante os días 26 27 e 28 de marzo
|
|
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presenta unha nova edición da Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da nosa comunidade que se ven celebrando dende fai 11 anos, e que neste 2010 terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
|
|
|
|
|
12/03/2010
Espazo Xuvenil convoca cinco cursos de Monitor de Tempo Libre
|
|
A Direccion Xeral de Xuventude e Voluntariado vai desenvolver 5 cursos de Monitor de Tempo Libre, no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza ESPAZO XUVENIL. Esta actividade formativa comezará a finais de marzo e rematará a finais de maio. Cada curso terá unha duracion de 200 horas teoricas e 150 practicas, e está dirixida a mozos e mozas da eurorexión Galicia Norte de Portugal.
|
|
|
12/03/2010
Plan de Movilidad Creativa 2010. Convocatoria para xoves creadores.
|
|
Coa presente convocatoria o Consorcio para la Presencia y Promoción del Alberguismo Juvenil - Red Española de Albergues Juveniles pretende promocionar e estimular a creatividade artística dentro dos parámetros do arte actual preferentemente en distintas disciplinas.
|
|
|
11/03/2010
Oferta concertada para o uso de instalacións xuvenís para a campaña de verán
|
|
A Consellería de Traballo e Benestar convoca esta oferta de uso de instalacións xuvenís para a campaña de verán que comprende do 15 xuño ao 30 de setembro.
|
|
|
10/03/2010
Campamentos e campos de traballo para mozos e mozas galegos ou descendentes de galegos no exterior
|
|
A Secretaria Xeral da Emigración convoca o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.
|
|
|
|
09/03/2010
O Encontro galego de Música Xove celebrouse coa asistencia dun cento de grupos, despois do seu aplazamento para o sábado 6 de marzo
|
|
O Encontro galego de Música Xove celebrouse o pasado sábado 6 de marzo no IES Rosalía de Castro, despois do seu aplazamento a causa do temporal. Os encargados de inaugurar o evento foron Ovidio Rodeiro, Director de Xuventude e Voluntariado, e Ignacio Santos, Director Xerente da SA Xestión do Plan Xacobeo. A rapeira Aíd, que recentemente foi portada do iTunes en Estados Unidos e Latinoamérica, participou de xeito activo neste evento e foi a encargada de presentar aos músicos noveis e semiprofesionais durante a inauguración do acto.
|
|
|
|
09/03/2010
CURSO DE FORMACION EN TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN SOCIALl no Ámbito da Mocidade
|
|
1º.- Curso curso de formación en técnicas de investigación social no ámbito da mocidade.
2º.-Obxectivos.
Formar o persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil a nivel teórico-práctico sobre técnicas de investigación social aplicadas ao ámbito da xuventude.
3º.-Persoal ao que vai dirixido.
Persoal da dirección xeral de xuventude e voluntariado e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil , ou persoas que no pertenzan a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e teñan feito o curso básico de información xuvenil.
|
|
|
|
02/03/2010
A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL
|
|
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López presentaron hoxe o programa Xuventur, organizado pola Xunta de Galicia para promover o turismo rural entre a mocidade galega. A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos.
|
|
|
|
02/03/2010
Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre.
|
|
Normas de inscrición e participación:
Estar en posesión do título de director/a ou monitor/a de actividades de tempo libre. No caso de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas que non posúan a titulación requirida.
Cada persoa interesada unicamente poderá reservar unha praza por curso.
A reserva poderase facer a partir do 1 de marzo da seguinte forma:
- Chamando aos seguintes números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981 54 56 96 e 981 54 47 35
- Por correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: subdireccion.programas@xunta.es
Unha vez feita a reserva, comunicaránselle ao/á interesado/a as instrucións para efectuar o pagamento.
|
|
|
|
02/03/2010
XUVENTUDE E VOLUNTARIADO OFERTA SETENTA E DOUS CURSOS NUN AMBICIOSO PLAN DE FORMACIÓN PARA 2010
|
|
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos do Plan de Formación 2010 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que suporá a posta en marcha de setenta e dúas accións formativas neste ano, das que se beneficiarán máis de 1.100 alumnos. Si traballas coa xuventude ou o voluntariado e queres ampliar a túa formación, bótalle unha ollada a este plan porque seguro que aquí tes o teu curso.
|
|
|
|
01/03/2010
OS CENTROS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE ESO PODEN PARTICIPAR DENDE HOXE NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL "NA TERRA E NO MAR"
|
|
Xa está aberto o prazo para participar en Na Terra e no Mar, un programa de educación ambiental que pretende achegar o coñecemento do noso hábitat, tanto no mar como no eido ecuestre á xuventude galega. Na Terra e no Mar está dirixido aos centros educativos do primeiro e segundo ciclo da ESO, e desenvolverase de luns a venres, durante os meses de marzo, abril e maio.
|
|
|
|
|
Non se atopou ningún artigo.
|
|
|
|