Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 NSAIO

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Actividades +18

25/03/2008

ACCIÓN DE VERÁN 08 (de 18 a 35 anos)

Desde a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no marco da Campaña de Verán 2008, queremos presentarvos unha serie de actividades de tempo libre específicas para maiores de 18 anos e ate os 35 como máximo. Os desprazamentos ata as instalacións correrán pola vosa conta. Os que posuades carné xove ou carné máis teredes un desconto do 25% sobre os prezos establecidos neste folleto. Os que posuades o título de familia numerosa teredes un desconto do 50% sobre os prezos establecidos neste folleto. Ambos descontos non son acumulables.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
28/02/2008

NATURALMENTE GALIZA

Naturalmente Galiza é un programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.



Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/02/2008

PRIMAVERA ACTIVA EN TURISMO RURAL

Primavera Activa é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia.

Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. O programa desenvolverase durante as fins de semana dos meses de marzo abril e maio.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Web Gzcrea. Certame galego de creadores novos
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de enlace á web de trivial.gz.
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Voluntaria de Activación Lingüística
Portugués para nós

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar