Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 NSAIO

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora


Cuotas e documentación

Imaxe principal do artigo ou noticia

Documentación e requisitos

Os participantes seleccionados deberán presentar a seguinte documentación:

- Xustificación do pagamento (impreso oficial).

- Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.

- Cuestionario médico-sanitario (anexo III da orde de convocatoria).

- Declaración responsable de que sabe nadar.

- Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de ser o caso.

- Fotocopia do carné xove ou carné máis, de ser o caso.

O prazo para presentar esta documentación comprende do 7 de maio ao 21 de maio de 2008, ambos os dous inclusive. No caso de que a referida documentación non fose presentada no prazo indicado a praza será ofrecida á persoa que se atope no primeiro lugar da lista de espera correspondente.

Devolución de cotas

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución das cotas no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos 20 días antes do inicio da actividade, ou cando, por causas non imputables ao interesado, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

As solicitudes de devolución de cota que non cumpran co anterior serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude de devolución de cota.

A solicitude deberá dirixirse ao delegado/a provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou ao director xeral de Xuventude e Solidariedade no caso das actividades que se desenvolvan fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Para estes efectos, haberá á disposición dos interesados un modelo normalizado de solicitude de devolución de cota na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ou nos servizos de Xuventude e Solidariedade das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar.

Descontos

- Dun 50% para membros de familia numerosa.

- Dun 25% para os usuarios de carné xove.

O desconto do 50% para membros de familia numerosa deberá ser acreditado coa presentación dunha fotocopia compulsada do título de familia numerosa.

Os descontos citados en ningún caso serán acumulables.

Equipamento necesario

Útiles de aseo, roupa axeitada, roupa usada e cómoda, roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño, calzado deportivo e saco de durmir.

Informacion axunta

DESCARGAR orde publicada no dog do 24 de marzo de 2008

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar