|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL PONTEMARIL (Forcarei)
|
|
DATOS XERAIS:
Campamento de media montaña con capacidade para 140 prazas en tendas de campaña e 48 prazas en liteiras no albergue da instalación.
ACCESO: Situado a 2 Km de Forcarei, na estrada N-541 de Pontevedra-Ourense. Ferrocarril a Pontevedra.
ENDEREZO: Campamento xuvenil Pontemaril. FORCAREI (Pontevedra).
TELÉFONO: 986 755 045
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL OS CHACOTES (PALAS DE REI)
|
|
Atópase na vila de Palas de Rei, na ruta do camiño xacobeo, a 35 km de Lugo na estrada N-547 Santiago _ Guntín. Aloxamento en tendas de campaña, conta con comedor, cociña, primeiros auxilios e instalacións deportivas do concello, incluída piscina.
ACCESO: Por estrada: Autobuses desde Lugo a Santiago todos os días.
Por ferrocarril: Estación RENFE en Lugo.
ENDEREZO: Campamento Xuvenil Os Chacotes. 27200 PALAS DE REI (Lugo).
TELÉFONO: 982 380 313.
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL VILAR DE ORDELLES (Esgos)
|
|
Atópase no pobo de Vilar, no termo municipal de Esgos, concello pertencente á Ribeira Sacra Ourensá. Aloxamento en albergue en cuartos múltiples.
A instalación dispón de grandes espazos ao aire libre e rodeados de natureza, salón de actividades e área recreativa exterior.
ACCESO: Situado a 16 Km de Ourense, no Concello de Esgos, pola estrada Ourense a Pobra de Trives (C-536).
ENDEREZO: Vilar. ESGOS (Ourense)
TELÉFONO: 620 620 976 - 988 215 465
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL AS SINAS (VILANOVA DE AROUSA)
|
|
Zona turística á beira da mar con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 120 prazas en liteiras.
A instalación dispón dunha pista polideportiva de fútbol-sala e baloncesto.
ACCESO: Está situada na ría de Arousa a 4 Km de Vilagarcía de Arousa, na estrada Vilagarcía-Cambados. Autobuses e ferrocarril a Vilagarcía.
ENDEREZO: Albergue xuvenil As Sinas, Praia das Sinas. VILANOVA DE AROUSA (Pontevedra).
TELÉFONO: 986 554 081
|
|
|
|
09/03/2010
CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE: UNIVERSIDADE LABORAL
|
|
O aloxamento está situado na cidade de Ourense, na Universidade Laboral e as actividades terán lugar nas instalacións de Oira (preto da beira do Río Miño).
O lugar onde se realizan as actividades dispón de espazos ao aire libre, 2 campos de herba sintética para fútbol 11 e fútbol 7, cancha cuberta de fútbol-sala, ximnasio e varias piscinas.
ACCESO: Situado na cidade de Ourense.
Autobuses urbanos.
ENDEREZO: Universidade Laboral, Centro Residencial Docente. Rúa Universidade, 18. OURENSE.
TELÉFONO: 988 226 300.
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO - PORTO DO SON
|
|
Recinto natural á beira do mar, con capacidade para 150 prazas en tendas de campaña. Comedor cuberto, pista polideportiva. Recinto cuberto para obradoiros.
ACCESOS: A 2 km. de Porto do Son, na estrada a Noia.
ENDEREZO: Campamento Xuvenil Virxe de Loreto. A Aguieira, PORTO DO SON (A Coruña).
TELÉFONO: 981 767 587
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL MARINA ESPAÑOLA - BERGONDO
|
|
Edificio de 4 andares a carón do mar con aloxamento en cuartos de 6 camas e aseo integrado. Dispón de salas de xuntanza, salón de usos múltiples, sala de xogos, piscina, pistas deportivas, polideportivo cuberto e espazos ao aire libre.
ACCESO: A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos. Autobuses desde A Coruña a todas as horas.
ENDEREZO: Albergue Xuvenil Mariña Española. 15167 BERGONDO (A Coruña).
TELÉFONO: 981 620 118
|
|
|
|
09/03/2010
COMPLEXO RESIDENCIAL XUVENIL LUG
|
|
Atópase situada na cidade de Lugo. Aloxamento en cuartos múltiples, conta con sala de televisión, sala de xogos e salón de actos.
ENDEREZO: Pintor Corredoira nº 2/4. 27002 LUGO
TELÉFONO: 982 220 450
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL ILLA DE ONS (BUEU)
|
|
Campamento situado na Illa de Ons. Ten unha capacidade de 60 prazas en tendas de campaña.
ACCESO: Barco desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.
ENDEREZO: Campamento Xuvenil A Illa de Ons. ILLA DE ONS. BUEU (Pontevedra)
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL FURELOS (MELIDE)
|
|
Está situado a carón do Camiño Francés. Con aloxamento para 60 prazas en tendas de campaña.
ACCESOS: A 1,5 km de Melide na estrada Lugo-Santiago
ENDEREZO: Campamento Xuvenil Furelos. MELIDE (A Coruña).
TELÉFONO: 981 507 412
|
|
|