Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 NSAIO

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

24/03/2008

CAMPAMENTO RAMIRO I EL MONJE (SELVA DE OZA-HECHO-HUESCA)

Está situado en plena Selva de Oza, no val de Hecho (Huesca), unha das zonas de maior beleza do pirineo aragonés. Extenso val no que a gran variedade de flora e fauna nos da pé a realizar multitude de actividades ambientais, e a súa paisaxe ofrécenos distintas rutas de montaña para practicar sendeirismo. Está preto de Oza, Siresa, Hecho e Ansó, lugares típicos de montaña, nos que destaca a súa arquitectura popular, os seus museos e sobre todo, o mosteiro de San Pedro de Siresa.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL ENTREPEÑAS (GUADALAJARA)

O albergue está situado xunto ao encoro de Entrepeñas, a 7 km de Auñón, 4 km de Sacedón e a 55 km de Guadalajara. Consta de cuartos de 2 e 4 prazas e a súa capacidade é de 60 prazas.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

CAMPAMENTO XUVENIL CANFRANC (HUESCA)

Canfranc estación é unha poboación situada na comarca da Jacetania, no val de Aragón, a máis de 1000 metros de altitude. Importante enclave da fronteira, ao longo dos séculos chegou a gozar de privilexios pola súa situación e pola valía dos seus cidadáns. Emblema da loita pola apertura de pasos transfronteirizos, a estación internacional é un dos seus símbolos e durante un tempo, motor da poboación. O clima é húmido e máis frío que noutras poboacións do val como Jaca ou Villanúa.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA (SANABRIA)

Esta instalación está situada en San Martín de Castañeda, xunto ao parque natural do lago de Sanabria con bosques de carballos. Conta co lago glaciar máis grande da península ibérica, vales encaixados e canóns. A flora e fauna son consideradas de grande interese. Esta instalación é moi axeitada para actividades e rutas de sendeirismo pola zona. O albergue está dotado de cuartos múltiples, piscina, pista polideportiva, biblioteca e sala de vídeo.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

CAMPAMENTO XUVENIL MONCAYO (ZARAGOZA)

A cara norte do macizo do Moncayo está situada na comarca de Tarazona. Para subir ao alto hai dúas entradas, por Vera de Moncayo e por Tarazona. O pico do Moncayo atópase a 2.315 m de altitude e é a máxima altura do Sistema Ibérico. Nel nacen os ríos Queiles e Huecha e foi declarado parque natural en 1978.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL SAN RAFAEL

Este albergue está situado en plena serra de Guadarrama, moi próxima aos lugares de San Ildefonso e Riofrío, así como á cidade de Segovia. Pola súa situación pódense realizar múltiples excursións de interese cultural, así como rutas de sendeirismo e montaña. O albergue dispón de cuartos múltiples, sala de reunións, sala de televisión e vídeo e piscina.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL ILLA ZUHATZA (ÁLAVA)

Albergue xuvenil Illa de Zuhatza. Capacidade para 440 persoas. Situada no encoro de Ullibarre-Gamboa, a 15 km de Vitoria-Gasteiz, toda a illa conforma o conxunto do campamento, cunha extensión de 500.000 metros cadrados. O aloxamento realízase en 40 cabanas de madeira, con 6 liteiras (12 prazas) cada unha. Conta con comedor, cociña, tres baterías de servizos e edificio polideportivo.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL LOREDO E ALBERGUE XUVENIL TAMA

O albergue xuvenil de Loredo atópase na localidade de Loredo, no nordés da bahía de Santander, preto das localidades de Somo e Pedreña. O contorno é ideal para a realización de actividades náuticas xa que se atopa a 200 metros da praia de Somo-Loredo, duns 7 km de lonxitude. O albergue xuvenil de Tama atópase nos límites do parque nacional Picos de Europa. As súas vistas son excepcionais desde todos os ángulos, destacando a que se observa sobre o Macizo Oriental, así como boa parte da cordilleira Cantábrica.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

CAMPAMENTO XUVENIL LA LEGORIZA (SALAMANCA)

O campamento atópase nunha extensa carballeira, a 1.016 metros de altitude e a 3 km da localidade de San Martín del Castañar. A diversidade paisaxística, a flora e fauna do contorno posibilitan a realización de múltiples actividades. A instalación dispón de 120 prazas de capacidade en tendas de campaña, piscina e pistas polideportivas.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
24/03/2008

ALBERGUE XUVENIL CALARREONA (ÁGUILAS)

O albergue xuvenil de Calarreona atópase nunha zona do litoral a uns 4 km da poboación costeira de Águilas e a uns 100 km de Murcia capital. Dispón de cuartos de 2 e 4 camas, salón de actos e pista polideportiva.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información

««   [1]   2   »»

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar