Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 NSAIO

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Campos de traballo

04/04/2008

APÚNTATE AOS CAMPOS DE TRABALLO!!!

Imaxe do artigo ou noticia

Co obxecto de facilitar á mocidade galega a participación en actividades relacionadas co voluntariado e o tempo libre, e dentro da "CAMPAÑA DE VERÁN 2008", a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, oferta prazas en campos de traballo con distintas actividades, que se desenvolverán en Galicia, noutras comunidades autónomas e en distintos países ao longo do verán de 2008.

O SERVIZO VOLUNTARIO EN CAMPOS DE TRABALLO:

Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos: culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...), ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...), de construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público), sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade), arqueolóxicos

(recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos), levados a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc...



QUE SE LLES OFRECE AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS?

- Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das persoas con discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultura e a nosa realidade...

- Un equipo humano que os acollerá e axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.

- Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.

Pulse para ampliar información
04/06/2008

EXCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA NO CEMITERIO DE SAN RAFAEL (MÁLAGA)

Imaxe do artigo ou noticia

En virtude dun acordo asinado entre a Xunta de Andalucía, o Concello de Málaga, a Universidade de Málaga e a Asociación contra o olvido e para a recuperación da memoria histórica, procederase á exhumación dos restos de, aproximadamente, 3000 persoas fusiladas na Guerra Civil e despositadas no antigo cemiterio de San Rafael de Málaga. Con este motivo, o Instituto andaluz da Mocidade e a Universidade de Málaga organizan a actividade de voluntariado chamada "EXCAVACIÓN ARQUEOLÓxICA NO CEMITERIO DE SAN RAFAEL".

Pulse para ampliar información
Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Web Gzcrea. Certame galego de creadores novos
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de enlace á web de trivial.gz.
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Voluntaria de Activación Lingüística
Portugués para nós

 Voluntariado en defensa do Monte Galego
 leimocidade
 NSAIO
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar