|
18/09/2008
AGÁRRATE AO ASFALTO: curso de condución segura
|
|
|
Agárrate ao asfalto é un curso de seguranza viaria, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, coa colaboración de distintas institucións e destinado a dotar as mozas e os mozos galegas/os das actitudes e coñecementos idóneos para o exercicio dunha condución segura.
Trátase de que, dunha forma amena, coñezas primeiro desde o punto de vista teórico e despois desde o punto de vista práctico, todos aqueles aspectos relacionados coa seguranza no tráfico.
Xa podes acceder á web www.agarrateaoasfalto.net onde obterás toda a información e o calendario de desenvolvemento do curso. Os contidos estarán a listos no mes de setembro e a partir de outubro iniciaranse as xornadas da parte práctica.A Parte teórica desenvolverase vía internet.
|
|
|
25/03/2008
AUTOESCOLAS ADAPTADAS A DISCAPACITADOS
|
|
|
Se tes algunha discapacidade e queres sacar o carné de conducir, hai unha serie de autoescolas que teñen automóbiles de prácticas adaptados.
|
|
|
21/03/2007
DISCAPACIDADE E CONDUCIÓN
|
|
|
Neste artigo detállanse os pasos a seguir por unha persoa discapacitada para pode obter o carné de conducir e para realizar as adaptacións no seu vehículo.
|
|