Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

05/06/2007

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG)

A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxéncia das duas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990.

A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remonta-se ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacimento de várias organizacións sectoriais, entre as que cabe destacar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Traballadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxéncia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG.

Pulse para ampliar información
05/06/2007

UNIÓN GENERAL DE TRABAJADORES (UGT)

UGT é un Sindicato de clase que agrupa a traballadoras/es de todos os sectores produtivos e de todos os niveis profesionais, mantendo como principios fundamentais: o benestar social, a redistribución da riqueza, a mellora das condicións de vida dos traballadores, a solidariedade e a xustiza.

Dende a súa creación, fai 120 anos, a UGT loita por mellorar as condicións laborais e sociais das/os traballadoras/es pero non se queda aquí, posto que intervén para avanzar no benestar e a cohesión social, reivindicando e acadando que os poderes públicos implementen medios de protección social cara os nenos, os dependentes e os discapacitados, defendendo a igualdade de oportunidades e a inserción laboral de mulleres e mozas/os, defendendo o medio ambiente, loitando contra a pobreza,...

Pulse para ampliar información
05/06/2007

COMISIONES OBRERAS (CC.OO)

O Sindicato Nacional de CC. OO. de Galicia é un sindicato galego, de homes e mulleres, democrático, sociopolítico, de clase, internacionalista e independente. Disputamos melloras laborais na empresa e ante as administracións públicas, pero tamén nos movemos para cambia-las condicións de vida, alcanzar maiores cotas de benestar colectivo e mellorar as relacións sociais e políticas no sentido de ampliar e concretar a democracia.

Pulse para ampliar información
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar