|
22/02/2010
Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior
|
|
A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior, para o ano 2010.
O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas económicas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
|
|
|
|
16/02/2010
Mocidade na Presidencia Española
|
|
A inclusión social e o emprego xuvenil abordaranse en todas as actividades previstas durante a presidencia europea.
En xaneiro de 2010 España asumiu a presidencia do Consello da UE, durante o primeiro semestre, e dentro das súas prioridades atópase a inclusión social das e dos mozos en estreita relación co tema do emprego. É necesaria unha estratexia de inclusión social que incida nunha maior autonomía da mocidade, maior mobilidade, máis oportunidades e máis implicación na construción da cidadanía europea.
|
|
|
|
19/01/2010
A DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE ORGANIZA CURSOS DE PORTUGUÉS TÉCNICO EN TUI E VERIN
|
|
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado comezou a impartir dous cursos de portugués técnico, organizados polas Oficinas Transfronteirizas de Tui e Verín. Estes cursos, que terán unha duración de 100 horas e se prolongarán ate o mes de maio, están enmarcados no Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España Norte de Portugal "Espazo Xuvenil", e están dirixidos a mozos e mozas para a mellora das súas competencias de cara na busca activa de emprego.
|
|
|