|
13/03/2009
a teta asustada
Fausta padece de "teta asustada", unha enfermidade que se transmite polo leite materno de mulleres maltratadas durante a época do terrorismo no Perú. Os infectados nacen sen alma, porque do susto se agocha na terra, e cargan un terror que os illa por completo. Pero Fausta agocha algo máis; garda un segredo que non quere revelar, ata que a súbita morte de súa nai desencadea feitos inesperados que transforman a súa vida e a de outros.
|
|
13/03/2009
RocknRolla (VOSE)
Cando un mafioso ruso organiza un acordo de compravenda ilegal de terreos, hai millóns de dólares en xogo, e todo o mundo da delincuencia londiniense quere participar. Todos, desde un perigoso señor do crime ata unha sexy contable, un político corrupto e uns ladróns de pouca monta conspiran, alíanse e enfróntanse entre eles coa intención de facerse ricos rapidamente.
|
|
13/03/2009
Vals con Bashir
Documental animado sobre a matanza de refuxiados palestinos en Sabra e Chatila, no Líbano, en 1982. Unha noite, nun bar, un vello amigo cóntalle ao protagonista, Ari, que ten un pesadelo recorrente onde o perseguen vinte e seis cans. Os dous homes chegan á conclusión de que ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta. Ari sorpréndese ao non recordar nada dese período da súa vida. Intrigado, decide falar con antigos compañeiros. Necesita saber a verdade sobre o ocorrido e sobre si mesmo. Así, os recordos empezan a reaparecer mediante imaxes surrealistas...
|
|
13/03/2009
Hotel para cans
Cando os novos titores de dous orfos adolescentes, Andi e Bruce, prohíbenlles ter unha nova mascota, Andi usa o seu enxeño para atopar unha casa para o seu can "Venres". Grazas ao talento de Bruce para a mecánica, un hotel abandonado transfórmase nun paraíso para o can e, ao final, para todos os seus amigos. Pero o ruído fai sospeitar aos veciños, polo que Andi e Bruce terán que empregar toda a súa astucia para evitar que alguén descubra o seu segredo.
|