|
|
Lexislación de interese para a mocidade
|
SUBVENCIÓNS ENTROIDO 2010. CONCELLO DE CUNTIS
|
 |
O obxecto destas bases é establecer un marco
normativo que regula a concesión de axudas a asociacións e colectivos debidamente legalizados e inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do
Concello de Cuntis e ás agrupacións de persoas físicas sen personalidade xurídica que veñen realizando actividades e traballos directamente relacionados coa Festa do Entroido do ano 2010 e de competencia municipal.
|
|
Entenderase por axuda e subvención toda disposición de cartos realizada por esta Entidade a
favor de persoas públicas ou privadas, que cumpra
os seguintes requisitos:
1. Que a entrega se realice sen contraprestación
directa dos/as beneficiarios/as.
2. Que a entrega estea suxeita ao cumprimento
dun determinado obxectivo, á execución dun
proxecto, á realización dunha actividade, á
adopción dun comportamento singular, xa
realizados ou por desenvolver, ou á concorrencia
dunha situación debendo o/a beneficiario/
a cumprir as obrigas materiais e formais
que se establezan.
Para poder ser beneficiarios/as das subvencións
previstas nestas Bases deberase cumprir que:
1. Todas as asociacións sen ánimo de lucro e legalmente constituídas debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións Municipais que realicen as súas actividades dentro do termo municipal.
2. As agrupacións de persoas físicas sen personalidade xurídica constituídas para a realización de traballos directamente relacionados
co Desfile-Concurso do Entroido do día 14 de febreiro de 2010, día que se trasladaría para o 16 do mesmo mes en caso de aprazamento por inclemencias metereolóxicas.
O prazo de presentar as solicitudes será de
30 días naturais a contar dende o día seguinte ao
da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da
Provincia.
Máis información: Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), núm.48, do xoves 11 de marzo de 2010. www.depontevedra.es
|
|
Información anexa
bases da convocatoria
|
|
|
|
|