|
04/07/2008
Presentouse o Campus de Verán do Porriño Industrial no Porriño
|
|
Celebrarase do 7 ao 12 de Xullo no Campo do Carballo de Atios, organizado polo Porriño Industrial coa colaboración do Concello do Porriño.
No Campús de Verán poden participar nenos e nenas de entre 5 e 16 anos. Os interesados e interesadas poden inscribirse nas oficinas do Porriño Industrial no Campo de Lourambal, a partires das 19:00 horas, ou ben chamar ao 659 504 221. O prezo do campus é de 80 €, 70 € para socios do Porriño Industrial, existindo un desconto do 10% por cada segundo irmán inscrito.
|
|
|
|
04/07/2008
Deu comezo o prazo de preinscrición para matricularse na Escola Municipal de Música do Porriño
|
|
O Concello do Porriño informa de que do 1 ao 31 de Xullo permanecerá aberto o prazo de preinscrición da matrícula da Escola Municipal de Música do Porriño para o curso 2008 - 2009.
Este ano, igual que en anteriores edicións, intentarase poñer a disposición dos máis cativos e
cativas toda unha serie de instrumentos que a escola ten en propiedade, na medida das existencias e con carácter temporal.
|
|
|
|
01/07/2008
Cursos de Verán Xuventude 2008
|
|
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ven de convocar tres Cursos de Verán en materia de información xuvenil, dirixidos preferentemente a estudantes e titulados universitarios de Educación Social, Traballo Social e Pedagogía.
|
|
|